Saturday 27 de April de 2024

O Concello impulsará un obradoiro dual de emprego durante nove meses e no que poderán participar ata 20 persoas


O proxecto será levado a cabo conxuntamente polas administracións locais de Pontedeume, Monfero, Cabanas, Paderne e Miño.

O Concello de Miño impulsará un obradoiro dual de emprego baixo a denominación de ‘ Artabroemprende’ durante nove meses e no que poderán participar ata 20 persoas. O proxecto será levado a cabo conxuntamente polas administracións locais de Pontedeume, Monfero, Cabanas, Paderne e Miño. A subvención, concedida pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, conta cunha dotación económica de 346.946 euros.
Desenvolverase en dous módulos, a destacar o de ‘Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes’ e o de ‘Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais’. No municipio miñense, os, escenarios escollidos para a formación son o Parque dás Idades, a área de descanso do Camiño Inglés de Buiña, o
áres de descanso do Camiño Inglés en Ponte do Porco, nas rúas interiores de Costa Miño, nas praias
de Miño (Alameda, Ribeira, Grande, Lago, Marín e Perbes), no antigo colexio de Gallamonde, nas
rúas A Barrosa, A Carreira, Raxel, Real, Pardiñeira e na avenida de Xarío.
Desde o goberno local anuncian que “pronto se coñecerán máis detalles deste proxecto, por exemplo
os criterios específicos para poder acceder ao mesmo ou os prazos”, apuntan. O alcalde, Manuel Vázquez Faraldo, quixo destacar “o que supón un obradoiro destas carácterísticas para Miño e a súa comarca no contexto que estamos a atravesar. Poderá dar oportunidades laborais ao seu alumnado, algo moi positivo para todas e todos eles”, apunta o rexedor, quen anuncia tamén que “seguiremos esta liña de traballo para dinamizar o emprego no noso municipio e ampliar o abanico de oportunidades para nosas veciñas e veciños”, finalizou Faraldo.